jueves, 1 de octubre de 2020

XOVES 1 DE OUTUBRO DE 2020

 Boas tardes a todos/as!! Cambiamos programa do ordenador e parece que as cousas xa van collendo ritmo. Non olvidedes poñer a cargar todas as noites os ordenadores para que non se apaguen durante as clases, senón teredes que facer as actividades na casa pola tarde.

Hoxe tanto en lingua galega como en lingua castelá traballamos cos dicionarios dixitais:

O dicinario da RAG:  https://academia.gal/dicionario

El diccionario de la RAE: https://www.rae.es/

Dúas novas ferramentas das que podemos botar man se non sabemos o que significa unha palabra ou queremos saber como se escribe correctamente.

Os exercicios que fixemos na parte de LINGUA GALEGA están todos rematados, pero os que non remataron os de LINGUA CASTELÁ accedede a Edixgal para rematalos. Recorda NON FACER TODOS, soamente: o 1, 3, 7, 8 e 9. 

Recordamos:

1. Entro en EDIXGAL

2. Busco nas miñas materias "Lingua castelá e literatura"

3. Na barra azul pulso a carpeta de Temas da materia "UNIDAD 1"

4. Unha vez que pulsamos o título "El arte de la deducción" e entramos, accedemos ao apartado VOCABULARIO. Aí tedes as actividades. Recordade non facer todas. Soamente a 1, 3, 7, 8 e 9. 

Como actividade opcional podedes facer a sopa de letras.

 Despois do recreo aproveitamos para activar as contas de SNAPPET, recordade usar as axendas para apuntar o nome de usuario e a vosa contrasinal.


BO TRABALLO E COMPORTAMENTO NO DÍA DE HOXE CHICOS/AS!

 SEGUIDE ASÍ!  💓



No hay comentarios:

Publicar un comentario