viernes, 2 de octubre de 2020

VENRES 2 DE OUTUBRO DE 2020

 Boas tardes!! Aí vai o resumo do día de hoxe.

MATEMÁTICAS: Repaso do valor posicional dunha cifra, que tedes totalmente controlado, e comparación e ordenación de números. Algúns non rematastes os exercicios do tema, polo que anímovos a facelos. Están na UNIDAD 1 - Los números naturales - Comparación y ordenación.


LINGUA GALEGA E LITERATURA: Agora xa sabemos diferenciar os textos literarios dos que non o son. Ademais ca actividade que fixemos démonos conta que somos capaces de entender un texto e completalo grazas a comprensión. A actividade a fixemos na libreta e unha vez rematada tíñades que autocorrexirvos cubrindoa no ordenador. Os que non a rematáchedes xa sabedes o que tedes que facer.

Podedes atopala na UNIDADE 1 - Canto me alegro de verte! - Literatura


Despois de o recreo como cada VENRES dedicámoslle 30 min á MECANOGRAFÍA, descubrindo novas teclas e avanzando na colocación das mans. Seguide así!

Para acceder ao programa recordade que tedes que pulsar APLICATIVOS - EDUCACIÓN - TUX TYPING


Por último, comezamos tema de CIENCIAS NATURAIS, neste caso aproveitaremos no tema dos SERES VIVOS para comezar a aplicar diferentes técnicas e métodos de estudo, así como para comezar a facer os primeiros documentos en WRITER, unha ferramenta que considero importante que sepades manexar con soltura, vos será de moita utilidade nun futuro. Por iso, como TAREFA PARA A FIN DE SEMANA:

- Pensamos nun animal que queramos investigar.

- Buscamos e gardamos unha foto que achegaremos ao documento.

- Buscamos a información que anotamos nas axendas e a escribimos en sucio nun folio.

- O luns comezaremos a preparar en WRITER a ficha do animal que finalmente xuntaremos para crear un pequeno libro.


Por suposto, descansade e disfrutade das actividades que vos gustan esta fin de semana. Vémonos o luns!






No hay comentarios:

Publicar un comentario