Boas tardes a todos/as!! Seguimos adaptándonos aos ordenadores, cada día descubrimos cousas novas que temos que explicar e activar, tede paciencia pouco a pouco controlaremos todas as novas ferramentas que temos este ano.
Como resumo do día de hoxe:
Tivemos unha visita especial de Eva, pediatra do centro de saúde e membro do equipo Covid do centro. Neste taller recordounos aspectos a ter en conta para estar protexidos contra o virus: lavado de mans, colocación da mascarilla e distancia social.
- LINGUA CASTELÁ E LITERATURA: "El arte de la deducción". Á hora de ler un texto é importante fixarnos nos persoaxes principais, nas súas características e onde sucede a historia.
- MATEMÁTICAS: Comezamos a parte do tema "hasta un millón y más allá" tanto tanto que chegamos ata un gúgol. 😉 Un novo termo que xa coñecemos grazas a búsqueda que fixemos en google. Recordas o que significaba?
No hay comentarios:
Publicar un comentario