Boas tardes! Imos co resumo da mañá:
MATEMÁTICAS: Aproximamos e rendondeamos ao millar e ao millón. Mañá remataremos as actividades e as correxiremos.
LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA: Traballamos cos diferentes tipos de comunicación e cos seus elementos. Ademais volvemos repasar ortografía, separar en sílabas e clasificar as palabras en agudas, graves ou esdrúxulas. É básico que controlemos esta clasificación para non ter dúbidas á hora de acentuar unha palabra. O próximo día seguiremos ca actividade que nos quedou a medias.
CIENCIAS DA NATUREZA: Creamos a ficha do animal en word. Recordade:
- Poñemos o título en maiúscula en centrado.
- Achegamos a foto
- Copiamos os diferentes apartados da ficha en NEGRITA e enchemos ca información ca letra sen estar en negrita. Os apartados son os seguintes:
- Nome
- Nome científico
- Características físicas (peso, altura, lonxitude, corpo recuberto de...)
- Alimentación
- Hábitat
- Reprodución
- Desprazamento
- Datos de interese
CIENCIAS SOCIAIS: Rematamos o ficha de investigación do persoaxe. Mañá rematamos explicando oralemente quen son esas persoas e por que son coñecidas.
RECORDATORIO 1: Levade un libro para facer lectura libre, o que vós queirades.
RECORDATORIO 2: Avisade ás familias que teñen un aviso en ABALAR para ler.
RECORDATORIO 3: Non vos esquezades de levar firmada a autorización das SECCIÓNS BILINGÜES.
ATA MAÑÁ!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario