martes, 6 de octubre de 2020

MARTES 6 DE OUTUBRO DE 2020

Boas tardes a todos/as!

MATEMÁTICAS: Continuamos a clase anterior facendo apuntes e exercicios sobre a aproximación e o redondeo. Bo traballo! Puiden comprobar que o ides entendendo.


LINGUA GALEGA E LITERATURA: Traballamos sobre A COMUNICACIÓN e a LIGUAXE E A LINGUA. Xa sabemos como se dí OLA! nos países europeos e algún país máis. Ademais fixemos unhas actividades interactivas sobre AS SÍLABAS TÓNICAS E ÁTONAS. QUEN NON REMATOU AS ACTIVIDADES TEN QUE FACELAS NA CASA. Recordade practicar facendo esas actividades, axudaravos moito á hora de acentuar as palabras.

Para acceder ás actividades: Lingua galega--> UNIDADE 1--> Canto me alegro de verte! --> Ortografía


CIENCIAS SOCIAIS: Comezamos a estudar O UNIVERSO. Ide estudando a teoría na casa (lede soamente o tema "O Universo", o próximo día na aula faremos un esquema para telo de guía como técnica para facilitar o estudo e aclararnos con todos os termos. Ademais, aquí deixo varios videos que falan sobre o Universo e a súa creación, se vos apetece podedes velos, pode axudarvos á hora de estudar. Alguén recorda como se chama a nosa galaxia? Podedes escribilo nos comentarios.

 
 Universo --> estrelas --> galaxias--> planetas

 
 


ATA MAÑÁ!



9 comentarios: