martes, 20 de octubre de 2020

MARTES 20 DE OUTUBRO DE 2020

 BOAS TARDES!!

MATEMÁTICAS: Hoxe fixemos un pequeno control de matemáticas da unidade 1 e 2. Con él quero que comprobedes que contidos tedes que repasar e mellorar. É unha forma de avaliarse a un mesmo, non vos fixedes na nota que sacades senón no que tedes que mellorar, no que fallades. Seguro que vos saíron xenial.


LINGUA GALEGA E LITERATURA: Hoxe traballamos a DESCRICIÓN DE PERSOAS. No que podemos seguir un guión para as primeiras veces non perdernos e mezclar cousas. Aquí deixo o esquema que usamos, distribuído por paragrafos.  Tédelo tamén en EDIXGAL, na unidade 2 de Lingua.

Ademais recordamos un puntos moi importantes que debemos de seguir cando teñamos que escribir:

*GUIÓN CON TIL EN GALEGO
*EN CASTELÁN A RAE ACEPTA AS DÚAS FORMAS.

CIENCIAS SOCIAIS: Traballamos as capas da terra. Pegamos o debuxo na libreta. Agora na casa tedes que ler o tema e escribir na libreta aquelo que consideredes máis importante. Déixovos aquí algúns exemplos.


Por último, non esquezades repasar o sistema solar da libreta. Para os que lle faltaban cousiñas...




7 comentarios: