miércoles, 21 de octubre de 2020

MÉRCORES 21 DE OUTUBRO DE 2020

LINGUA GALEGA: Descrición de persoas. "COMO ME VEXO, COMO ME VEN". Actividade ca que practicaremos a descrición de persoas, pero ademais darémonos conta de que non sempre nos ven como nós pensamos. Cada un ten unha visión diferente de como é unha persoa. Moitas veces reforza a nosa autoestima porque os demáis ven cousas positivas en nós. Se fóra ao contrario tamén podemos velo como algo positivo, as criticas negativas moitas veces poden axudarnos a mellorar como persoas. 

HOXE DESCRIBIMOS A UN COMPAÑEIRO QUE NOS TOCOU DE MANEIRA ALEATORIA. ESFORZÁDEVOS EN FACELO BEN. Quen non o rematara que o faga na casa. Mañá leremos as descricións para ver se os compañeiros adiviñan quen é. Se o adiviñan é porque a descrición está ben feita, esfórzate! é o que buscamos.


Con motivo da chegada do SAMAÍN puxémonos mans a obra, e participamos no concurso de postais que celebra o colexio. Aproveitamos que sabemos que é un POEMA para buscar na internet ou crear un propio sobre esta temática. RECORDA!! 

OS POEMAS SON UNHA COMPOSICIÓN ESCRITA EN VERSOS. É UNHA FORMA ESPECIAL DE EXPRESARSE. AS LIÑAS SON VERSOS, NON OCUPAN TODO O RINGLÓN E ADEMAIS SOEN RIMAR. AS ESTROFAS SON UN CONXUNTO DE VERSOS.

Rematade as vosas postais e mañá faremos a votación anónima, de todo 5ºB elixiremos as 4 que máis vos gusten. SORTE!


MATEMÁTICAS: Entreguei os exames e falamos individualmente do que tedes que corrixir e reforzar. Ánimo, que podedes facelo mellor se vos fixades e vos esforzades. 

No que máis fallastes foi na resolución de problemas. Hoxe fixestes o problema 4 e 5. Mañá os correxiremos.

Para quen non os rematou xa sabe... mañá listos. 

Paradevos a pensar en todas as pistas que vos dan. Os datos, a operación e a solución.


Pasade unha boa tarde! Ata mañá...
A pregunta de hoxe é... 
como se chama o signo ortográfico que se usa para diferenciar un parágrafo doutro?



19 comentarios:

  1. Punto e aparte son Damian

    ResponderEliminar
  2. Punto e aparte. Son Noa

    ResponderEliminar
  3. Punto e aparte.Son Ainhoa

    ResponderEliminar
  4. punto e aparte. Son Leo

    ResponderEliminar
  5. E o ponto e aparte son Adrián

    ResponderEliminar
  6. Chámase punto e aparte.
    Son Sara.

    ResponderEliminar
  7. punto e aparte. Son Ana

    ResponderEliminar
  8. Chámamase o punto e aparte. Son Iago.

    ResponderEliminar
  9. O PUNTO É APARTE. Son Niiiiiiico

    ResponderEliminar
  10. Camase punto e aparte.Son Lucia

    ResponderEliminar
  11. Chámase punto e aparte. Son Claudia.Adeus

    ResponderEliminar
  12. É o punto e aparte. Son Yoel.

    ResponderEliminar
  13. punto y aparte soy LÍA .

    ResponderEliminar