Resumo de hoxe:
LINGUA GALEGA:
-Ortografía: Escríbense xuntas ou separadas?
Practicamos oralmente e realizamos os exercicios que están en Edixgal.
DEBERES: Repaso e actividades sobre o verbo. Mañá correximos. DESCARGA A FICHA AQUÍ
MATEMÁTICAS: Correximos o que quedaba da ficha do martes:
E fixemos un novo estudo estadístico como repaso.
CIENCIAS NATURAIS: Segunda actividade na aula relacionada co aparato respiratorio. Unha vez feitas as maquetas, cubrimos a ficha na que falamos sobre as funcións de cada órgano e elaboramos a exposición oral sobre o proceso de respiración, que será mañá a última hora.
INFO IMPORTANTE SOBRE A EXCURSIÓN: Mandeille un abalar as familias, pero aviso por aquí para que tamén llo recordedes vós. Cambio de idea co das tarxetas sanitarias europeas. Traédeas ao cole e quédome eu con todas, así sempre as terei a man. Gárdovolas eu.
XOVES SUPERADO!!
Ola queria darvos unha recomendación para fin de curso: Os cascos Power Locus
ResponderEliminarson cascon que podes meterlle unha tarxeta con musica
Entras en YTs1.com pegas o link da cancion e o pasa a tarxeta micro Sd
Espero que os valga de axuda
#21falandogalego
Grazas Dani! encántame ese hashtag😉
Eliminar