miércoles, 2 de febrero de 2022

MÉRCORES 2 DE FEBREIRO DE 2022

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Comezamos tema novo AS FRACCIÓNS. Podes descargar o material AQUÍ

Soamente limos o PUNTO 1.

A continuación realizamos unha lección de snappet:


E unhas actividades na libreta (Fracciones de una cantidad)


LENGUA CASTELLANA: Continuamos con el adverbio.
Lectura de las locuciones adverbiales DESCARGAR AQUÍ

y realizamos los ejercicios que faltaban de las hojas que ya os diera. Además también realizamos estos en la libreta.

Puedes corregirlos consultando las SOLUCIONES AQUÍ.

LINGUA GALEGA: O núcleo e os seus complementos. DESCARGA A TEORÍA AQUÍ e realiza as seguintes actividades na libreta. (mañá correximos)
Tédelos tamén no tema 4 de LG en Edixgal.

Na última hora da mañá dedicámola a facer unhas entrevistas para un proxecto e a festexar o DÍA DA CANDELORIA.

Para festexar o Día da Candeloria escollemos este poema de Álvaro Cunqueiro. Cada clase escribirá un verso do mesmo e entre todos faremos unha composición para colgar na entrada do colexio. Feliz Día a tod@s!

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

ÁLVARO CUNQUEIRO. Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980.


Picade neste enlace para poder escoitar o poema.

No niño novo do vento- Luis Emilio Batallán


Así quedou o noso verso (fáltalle a pomba que estaba aínda sen rematar 🤪)


Por último e por petición popular deixo aquí algúns KAHOOT que atopei para que podades repasar sobre a UE:

https://kahoot.it/challenge/05324902?challenge-id=3db13e99-47ed-4f62-b773-a66008232b70_1643810532162


https://kahoot.it/challenge/09927304?challenge-id=3db13e99-47ed-4f62-b773-a66008232b70_1643810571727


https://kahoot.it/challenge/04735220?challenge-id=3db13e99-47ed-4f62-b773-a66008232b70_1643810627179


https://kahoot.it/challenge/02627033?challenge-id=3db13e99-47ed-4f62-b773-a66008232b70_1643810664301

Ahí quedan... mañá examen a primeira hora de CIENCIAS SOCIAIS.

MÉRCORES SUPERADO!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario