lunes, 24 de enero de 2022

LUNS 24 DE XANEIRO DE 2022

 Boas tardes a todos/as, xa sodes un cuantos os que estades na casa por diferentes motivos, polo que intentarei seguir adaptando as actividades o máximo posible para que podades traballar desde casa.

Os que teñades impresora podedes imprimir as fichas ou apuntes que colgue por aquí.

Os que non a teñades non pasa nada, facedes a lectura desde o ordenador e os exercicios na libreta vale?

Ánimo que pronto estaredes aquí con nós.

Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Correximos problemas e sumas/restas dos días anteriores.




A continuación comezamos con fichas de repaso de cara ao exame. Colgo aquí as dúas que fichemos hoxe:


Como xa dixen podedes imprimilas ou facelas na libreta.

LINGUA GALEGA: Imos facer o repaso dos casos especiais de acentuación en SNAPPET antes de pasar ao senguinte apartado do tema. Aquí deixo a imaxe de cales tedes que facer.




CIENCIAS NATURAIS:
- Copiamos o esquema resumo do tema na libreta.


- Respondemos ás preguntas na libreta (mirando ou sen mirar). Esto axúdavos a estudar o tema.

Podedes atopar isto en EDIXGAL, no tema 5.

LUNS SUPERADO!!






4 comentarios: