Resumo de hoxe:
Mentres as compañeiras e os compañeiros foron ao Cross os/as que no quedamos aquí aproveitamos esa horiña para desfrutar da biblioteca do cole.
Ademais puxemos a funcionar o coco co xogo INDICIOS, deume a sensación de que vos gustou jajaja. Repetiremos, que aínda quedan moitas tarxetas.
LINGUA GALEGA: Compresión lectora do tema 3. Feita e correxida.
CIENCIAS NATURAIS: Vimos o video que fixo Dani na casa co disco de Newton (GRACIAS DANI) no que gracias á velocidade que proporcionaba o taladro ao disco podíamos apreciar como todas as cores pasaban a ser brancas. Podedes atopalo en E-Dixgal, no tema 2 A luz.
Ademais rematamos os nosos disco cas gomas que lle faltaban.
Tamén deixo por aquí o do concurso do CAMIÑO CIRCULAR, por se nos aporta algunha idea para a canción que imos presentar.
Ata mañá!!!
ResponderEliminarBos dias profe, a miña nai te deixa colgar o meu video no blog.
ResponderEliminarVes como hablo gallego.
🤣 Moi ben!!!
Eliminar