miércoles, 27 de octubre de 2021

MÉRCORES 27 DE OUTUBRO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Exame dos temas 1 e 2.

LINGUA GALEGA: Snappet de léxico e vocabulario. Estas son as leccións que tedes que realizar. Tedes desde hoxe ata o martes 2 de novembro. Ídeas facendo un pouco cada día para non ter que facer todo o último día.


Ademais tamén comezamos co tema das DESCRICIÓNS co que seguiremos mañá.

12:00 h a 13:00 h: Carreiras do magosto.

CIENCIAS NATURAIS: Realizamos 3 experimentos. Hoxe foi un día bo que saíron 2 dos 3 que fixemos. Pero os 3 grupos fixestes un bo traballo. Era difícil o do xeo pero estivo moi ben o intento. NORABOA!

O globo inflouse grazas aos GASES que se xeran pola mezcla do vinagre e o bicarbonato.


Este grupo demostrou que unha masa pode ser LÍQUIDA ou SÓLIDA dependendo da forza ca que se toque.

Deixo tamén o experimento do xeo no que explicaban a SOLIDIFICACIÓN instantánea.


BO TRABALLO!!

MÉRCORES SUPERADO!!


1 comentario: