viernes, 17 de septiembre de 2021

VENRES 17 DE SETEMBRO DE 2021

 Resumo de hoxe:

- MATEMÁTICAS: eleximos problemas creados por vós. Copiamos na libreta e resolvimos en grupo cooperativo ca técnica “lapis ao centro”: primeiro falamos como o resolvemos e cando estamos todos de acordo collemos os lapis e resolvemos na libreta. Con este exercicio traballamos a expresión escrita (na elaboración dos problemas), a resolución de problemas e os diferentes cálculos con números decimais.

- LENGUA CASTELLANA: Correximos en gran grupo as actividades de avaliación inicial que fixemos os días anteriores. Para rematar completamos a ficha de PASAPALABRA.



Hoxe si, puxemos en marcha a gymkana dos xogos matemáticos. Aquí deixo unhas imaxes. Espero que disfrutárades e puxérades a funcionar o coco ☺️ Contádeme, que vos pareceron? Cal foi o voso favorito e por que?





Primeira semana de adaptación superada!! A próxima semana comezamos a tope!!!

DESCANSADE E DISFRUTADE DA FIN DE SEMANA




3 comentarios:

  1. O meu xogo favorito foi o código secreto porque me pareceu moi divertido adiviñar os códigos dos meus compañeiros.

    ResponderEliminar
  2. O meu xogo favorito foi o jenga matemático, porque foi moi divertido, aínda que sempre me caíra a torre.

    ResponderEliminar
  3. o meu xogo favorito foi o codigo secreto.

    ResponderEliminar