lunes, 14 de junio de 2021

LUNS 14 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Frecuencia absoluta e relativa. Apuntamos definicións e facemos os exercicios que corresponden en Edixgal.

LINGUA GALEGA: Correximos as respostas da comprensión lectora.

CIENCIAS SOCIAIS: Presentación oral dos traballos sobre a Idade Moderna.

CIENCIAS NATURAIS: Exposición oral do grupo nº1 que nos falaron sobre a MATERIA E OS MATERIAIS.


Exposición oral do grupo nº 5 que nos falaron sobre a ELECTRICIDADE E AS MÁQUINAS.


Moi bo traballo a todos/as! Como sempre temos moitas cousas ben feitas, pero tamén cousas cas que podemos aprender., como por exemplo:

- Tede en conta o fondo das diapositivas e a cor da letra. A letra ten que verse claramente, non pode mesturarse co fondo.

- Intentade non encher as diapositivas con moito texto, faise moito máis entretido con imaxes e palabras clave.

- Debedes levar a exposición ben preparada, moita lectura aburre aos espectadores.

- Non olvidedes a diapositiva final dando as gracias por escoitarvos.


Para rematar a mañá quedou media horiña para practicar os programas de radio, xa que mañá é o gran día. Toca a gravación. Repasade na casa para que vos salga xenial.

ATA MAÑÁ!








3 comentarios: