martes, 22 de junio de 2021

MARTES 22 DE XUÑO DE 2021

Con lágrimas de emoción nos ollos escribo o último post do curso. Quero darvos as gracias a todos/as vós, por deixarme entrar nas vosas cabeciñas e nas vosas casas diariamente. Foi un ano estupendo no que xuntos demostramos todo o que valemos. Risas, berros, broncas, xogos e moitos aprendizaxes que gardaremos sempre na nosa memoria.

Sabedes que cada un de vós é único e especial, con diferentes talentos e personalidades que debedes  respectar e valorar. Soamente espero que ano tras ano crezades sendo unhas personiñas marabillosas e cuns valores incribles. Nunca deixedes de soñar forte e alto! 

Desfrutade moito do verán, merecidas vacacións. Descansade, xogade e lede moito! 

Desexo que todo isto non sexa unha despedida senón un… ATA PRONTO!!

 QUÉROVOS MOITO ENANOS/AS!



Moitísimas gracias por todos eses agasallos!! Non facía falta. Fixéstesme moi moi moi moi feliz!!! 💜


Firmado: A PROFE EVA.
    

lunes, 21 de junio de 2021

LUNS 21 DE XUÑO DE 2021

 Hoxe, no penúltimo día de cole tivemos a oportunidade de asistir como público e xurado ao GOT TALENT edición CEIP de Figueiroa, organizado polo cursos de 6º de Educación Primaria. Que vos pareceron??

Ademais desde a BIBLIOTECA do centro lánzanvos unha pregunta para o ano que ven. Este ano a investigación foi sobre a saúde, sobre que vos gustaría investigar no curso seguinte?? Deixade as vosas propostas nos comentarios do blog. 

ATA MAÑÁ!


viernes, 18 de junio de 2021

VENRES 18 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

Entrega de documentos para entregar en casa:

- Documento da ANPA

- Documento sobre os ordenadores Edixgal

- Documento cos códigos QR para poder escoitar os programas de radio


Última presentación do grupo 6 sobre A ENERXÍA. Bo traballo a todos/as!!


Aproveitamos a nosa hora de biblioteca para xogar cos novos xogos que temos na Biblio Carola.











A última hora escoitamos os programas de radio, aos que podedes acceder tamén desde este enlace:

https://www.ivoox.com/escuchar-audios-radio-carola_al_10386962_1.html

E pintamos unhas mandalas de animales chulísimas.






Aquí vos deixo a canción que a TEACHER MARY dixo que cantaríades todos xuntos, para que practiquedes e cantedes moi moi alto e con seguridade.



 ATA O LUUUUUUNS!!! 




jueves, 17 de junio de 2021

XOVES 17 DE XUÑO DE 2021

Hoxe foi un día de cine!!!

Tivemos a oportunidad de poder ver CRUELLA, unha película de estreno da factoría Disney

Que vos pareceu?

Ademais aquí deixo o vídeo gañador do CORRELINGUA 2021 para que poidades velo moitas veces🤪


ATA MAÑÁ!



miércoles, 16 de junio de 2021

MÉRCORES 16 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: O diagrama de sectores.


CIENCIAS SOCIAIS: Exposición oral do grupo 6. A ELECTRICIDADE E AS MÁQUINAS.

Para finalizar a mañá elaboramos un mural avaliando todo o curso que vivimos xuntos. Contestando preguntas como…
- Actividades ou xogos para recordar.
- Despedida do curso. Que foi o mellor? (Emocionalmente)
- Que cousas mellorarías?
- Desexos para o novo curso.

Quedou precioso, mañá rematámolo

Hoxe despídome co emoji máis especial!!! Gracias Yoel 🤪



NOTA: Non vos esquezades mañá de traer un paraugas, por se nos pilla a chuvia de camiño ao cine.




martes, 15 de junio de 2021

MARTES 15 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Diagrama de barras e polígono de frecuencias.




Queda para rematar na casa o exercicio 1 desta parte de Edixgal.

RADIO: A terceira hora grabacións con Pablo García.

CIENCIAS NATURAIS: Exposición oral dos grupos 4 e 2.

Grupo 2 A MATERIA E OS MATERIAIS

Grupo 4 A ENERXÍA




ATA MAÑÁ!!



    


lunes, 14 de junio de 2021

LUNS 14 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Frecuencia absoluta e relativa. Apuntamos definicións e facemos os exercicios que corresponden en Edixgal.

LINGUA GALEGA: Correximos as respostas da comprensión lectora.

CIENCIAS SOCIAIS: Presentación oral dos traballos sobre a Idade Moderna.

CIENCIAS NATURAIS: Exposición oral do grupo nº1 que nos falaron sobre a MATERIA E OS MATERIAIS.


Exposición oral do grupo nº 5 que nos falaron sobre a ELECTRICIDADE E AS MÁQUINAS.


Moi bo traballo a todos/as! Como sempre temos moitas cousas ben feitas, pero tamén cousas cas que podemos aprender., como por exemplo:

- Tede en conta o fondo das diapositivas e a cor da letra. A letra ten que verse claramente, non pode mesturarse co fondo.

- Intentade non encher as diapositivas con moito texto, faise moito máis entretido con imaxes e palabras clave.

- Debedes levar a exposición ben preparada, moita lectura aburre aos espectadores.

- Non olvidedes a diapositiva final dando as gracias por escoitarvos.


Para rematar a mañá quedou media horiña para practicar os programas de radio, xa que mañá é o gran día. Toca a gravación. Repasade na casa para que vos salga xenial.

ATA MAÑÁ!








viernes, 11 de junio de 2021

VENRES 11 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

CIENCIAS SOCIAIS: Rematamos os traballos de ciencias sociais. Aquí volos deixo. Moi bo traballo!!! O luns cada grupo de expertos falará sobre o seu apartado.









Tamén fixemos un control de COMPRENSIÓN LECTORA para mellorar a nota de LINGUA GALEGA.

CIENCIAS NATURAIS: Aproveitamos a última hora para rematar as PRESENTACIÓNS.
As exposicións quedan así distribuídas:

LUNS 14 --> Grupo 1 e Grupo 4
MARTES 15 --> Grupo 5 e Grupo 2 (con posibilidad de cambiar para o venres)
MÉRCORES 16 --> Grupo 3 e Grupo 6.

Os que van ca súa parte atrasada adiantade traballo a fin de semana para facilitar o traballo aos vosos compañeiros.

ATA O LUNS!!






jueves, 10 de junio de 2021

XOVES 10 DE XUÑO DE 2021

Mini mini resumo de hoxe con moi boas novas:

Xa podedes contar nas casas que sodes o GAÑADORES do concurso de vídeo do CORRELINGUA 2021 (de tooooda Galicia!! jajajaja)

Non sabedes a ilusión que me fai que vos levedes ese agasallo. Valedes moito e fixéstelo moi moi ben! Pronto poderei subir o video ao blog. E vós? Como vos sentistes ao recibir a noticia?


Na mañá de hoxe aproveitamos as pouquiñas horas que tivemos xuntos para rematar os traballos de Ciencias Sociais. Para os que non lle deu tempo teñen que facelo hoxe na casa e entregalo mañá. 

Recordade tamén que mañá faremos o pequeño control de comprensión lectora en galego.

Mmmmmmm...creo que nada máis por hoxe. VÉMONOS MAÑÁ! VENRES!


miércoles, 9 de junio de 2021

MÉRCORES 9 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Corregimos los problemas de la gymkana anterior. A continuación realizamos unos cuantos ejercicios en el ordenador en Edixgal sobre el azar y los experimentos. (ejercicios 3-4-5-6)

LINGUA GALEGA: Practicamos os programas de radio.

CIENCIAS SOCIAIS: Continuamos cos grupos de expertos para a preparación do libro da Idade Moderna.

**Xa tedes todos a autorización para a saída ao cine do día 17 de xuño para ver CRUELLA, recordade traela esta semana.

Aquí aproveito para deixar dous videos relacionados cos temas de C.Sociais sobre a Idade Media e a Idade Moderna. Botádelle un vistazo.



Mañá seguiremos cos traballos de CIENCIAS SOCIAIS, que xa van collendo forma.

ATA MAÑÁ!


martes, 8 de junio de 2021

MARTES 8 DE XUÑO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Comenzamos tema nuevo REPRESENTACIÓN DE DATOS, hablando de que es el azar.




Actividade:


LINGUA GALEGA: Comprensión lectora da historia de Marta con preguntas. Ademais practicamos a escritura creativa inventando o final da historia.

CIENCIAS SOCIAIS: continuamos cos grupos de expertos de ciencias sociais, para poder crear o libro da Idade Moderna.

Para finalizar deixovos o código QR de Carola e Lingüereta queren saber.... fixestes un traballo moi bo. En hora boa a todas/os!!


Para poder escoitalo tedes que ter descargada a APP IVOOX.. Amosádello as vosas familias, merece a pena.


VÉMONOS  MAÑÁ!