viernes, 21 de mayo de 2021

VENRES 21 DE MAIO DE 2021

Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Gymakana de problemas matemáticos. Aquí quedan por se os queredes repasar ou volver a pensar. jejeje


Ademais Lucía conseguiu enganarvos e que ninguén acertara o seu reto matemático jajajaja Moi ben Lucía, esta é a solución. Añadindo liñas e borrando outras as letras convertíanse en números.


LENGUA CASTELLANA: Lectura dun tipo de texto novo, o teatro. Xa falamos do importante que é a entoación para que a interpretación sexa entretida. Seguiremos traballando nesto.


Para finalizar o día comezamos a preparar o programa de radio "COUSAS DO MUNDO", que gravaremos o LUNS falando das diferentes pandemias que tiveron lugar ao longo dos anos. Repasade a parte que vos toca para que sexa fluido e non unha lectura a tiróns. Este programa formará parte do proxecto da Biblioteca do cole.

E con isto... comeza a fin de semana. A ver se alguén se anima a facerme unha receita para colgar no blog 🤪

VÉMONOS A LUNS!!


 

2 comentarios: