lunes, 31 de mayo de 2021

LUNS 31 DE MAIO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: exame de cálculo e resolución de problemas.

LINGUA GALEGA: 

SNAPPET > Unidade 10 > Lección 1.Comprensión Lectora > Lección 3. Xentilicios > Lección 4. O verbo.

Ademais entregueivos unha ficha sobre o verbo (persoa e número)

Todo isto ten que estar rematado para o mércores.

CIENCIAS NATURAIS: Comezamos últimos temas.

- A materia e os materiais

- A enerxía

- A electricidade e as máquinas.

Deixo aquí os pasos que imos a seguir. Cada grupo vai a ser experto nun tema.

O que tedes que facer é:

1º Leer o tema que teredes en Edixgal (non se busca información fóra de Edixgal)

2º Facer un borrador dos puntos que ides a tratar (xa volos din eu) e resumir (que queredes explicar dentro de cada punto?)

3º Unha vez feito o borrador podedes comezar a preparar o tema en Impress para realizar a vosa preparación. (é como pasar a limpo o borrador)

4º Unha vez rematada a presentación tedes que preparar a exposición oral.

5º Por último presentaredes aos vosos compañeiros a vosa parte.

Estou segura de que sairán moi bos traballos. Ánimo e con ganas!!


Recordade: Mañá control oral dos verbos compostos.


ATA MAÑÁ!





2 comentarios: