COMEZAMOS SEGUNDO TRIMESTRE!! MOI FELIZ ANO A TODOS! QUE ALEGRÍA VERVOS DE NOVO.
Resumo de hoxe:
MATEMÁTICAS: Gymkana de problemas matemáticos. 6 problemas ordeados por estacións, con 7 minutos en cada unha para poder resolvelos. Fixestes un moi bo traballo, repetiremos seguro.
Para os que non viñeron hoxe, deixo aquí os problemas por si queredes resolvelos na libreta. Non tedes que copiar o enunciado, simplemente poñede o número do problema.
LINGUA GALEGA E LITERATURA: Como é típico cando entramos nun ano novo pensamos nuns propósitos a cumplir nestes 12 meses seguintes. Ademais aproveitamos para traballar a expresión oral contándollos a todos os compañeiros.
LENGUA CASTELLANA: Entrevistamos a un compañeiro/a
Para finalizar vimos o video do festival e tivemos algo de tempo libre.
Recordade o luns traer o xustificante das notas e o libro de lectura.
IMPORTANTE!: Mañá subirei as solucións dos exercicios de matemáticas para que podades autocorrexiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario