Boas tardes! Aviso para os que non trouxeron a autorización para as SECCIÓN BILINGÜE de PLÁSTICA, mañá sen falta.
LENGUA CASTELLANA: Expresión oral e escrita NARRAR EN PRIMEIRA PERSOA. Recordamos as pautas a seguir cando falamos e contamos algo a outra persoa ou persoas. Ademais practicamos cos compañeiros como contar unha historia para que nos entendan. De forma escrita traballamos con DIARIO PERSOAL, un tipo de texto no que escribimos en primeira persoa e no que é importante organizar primeiro as ideas antes de comezar a escribir.
- Planifica
-Anota a data
- Redacta
- Revisa e corrixe.
LINGUA GALEGA: Expresión escrita "A FICHA". Neste caso aproveitamos para poñer en funcionamento o LECTÓMETRO. Onde cada un terá unha estantería onde iredes pintando os libros que ledes durante o curso. Ademais, unha vez rematado un libro teredes que cubrir unha ficha para rexistrarlo.
MATEMÁTICAS: Creamos uns apuntes moi visuais para axudarnos a entender os números romanos. Revisade e realizade as actividades que vos activei en SNAPPET para practicar (tedes ata o martes para realizar as actividades propostas) Recordade, canto máis se practica mellor sae.
Como hoxe non dou tempo a rematar mañá acabaremos o da libreta e miraremos de entrar en SNAPPET.
COUSAS IMPORTANTES QUE FACER PARA MAÑÁ:
- Rematar e ter localizada a ficha do animal para subila a edixgal
- Ler o tema de ciencias Naturais : A célula.
Hola, soy Lía. Hoy no hay pregunta??��
ResponderEliminarHola, soy Aroa P. No hay pregunta???
ResponderEliminarjajajajaja os quedasteis con ganas de pregunta para comentar eh!🤪 Venga, mañana pregunta sorpresa! Un biquiño rapazas
ResponderEliminar