miércoles, 7 de octubre de 2020

MÉRCORES 7 DE OUTUBRO DE 2020


 BOAS TARDES CHICAS/OS! Imos co resumo do día de hoxe. Día curto ca titora 🙃

LINGUA GALEGA E LITERATURA: Hoxe aproveitamos máis dunha sesión para traballar a expresión oral e a expresión escrita en galego, "PRESENTARSE E PRESENTAR OS DEMAIS". E para iso fixemos unha orixinal e creativa presetación oral e escrita creando os vosos monstruos. Deixovos a ficha aquí por se queredes xogar na casa cun dado e crear diferentes monstruos de xeito aleatorio.


MATEMÁTICAS: Hoxe tocounos repasar o SISTEMA DE NUMERACIÓN ROMANO. Deíxovos uns cuadros para que repasedes e practiquedes, xa que hoxe a algúns costoulle un pouco. Mañá volveremos  facer unhas actividades sobre os números romanos.





Quen se atreve a resolver nos comentarios cal é este número?  CMLXXXVI 

ÁNIMO!!







6 comentarios: