jueves, 29 de octubre de 2020

XOVES 29 DE OUTUBRO DE 2020

 Boas tardes chicos/as!! Resumo de hoxe:

  • CIENCIAS NATURAIS: Comezamos o FLIPBOOK do CORPO HUMANO, unha forma moi chula de estudar este tema. Hoxe aproveitamos para completar as funcións vitais, o aparello dixestivo e o circulatorio. Así quedaron algúns.




  • LENGUA CASTELLANA: 4 historias para elegir, 1 para resumir. Podeis acceder al genially con las historias pulsando en la imagen. El lunes corregiré los resúmenes y los trabajaremos oralmente.


E deixo dúas preguntas relacionadas con esto.


PRIMEIRA PREGUNDA: Recordades por que son os corvos de cor negro??



SEGUNDA PREGUNTA: Se puideras atrapar algún dos teus medos e metelo no baúl de Fiz para que desaparecera, cal sería?

Para rematar desexo que pasades un bo ponte, recórdovos os exames q temos nas próximas semanas e deixo unas fotos dos difraces de hoxe. Estábades xenial, tanto os guapos coma os feos🤪😉








QUE MEDOOOOOO!!!! 
ATA O LUUUUUUUUUUNS!!!



miércoles, 28 de octubre de 2020

MÉRCORES 28 DE OUTUBRO DE 2020

 Hoxe foi un día especial,  aproveitamos para preparar un pouco o cole para a festa do Samaín.

A primeira hora da mañá fixemos o examen de LINGUA GALEGA E LITERATURA, espero que vos saíra moi ben, xa víchedes que puxen todo o que marcamos para estudar.

Unha vez íades rematando comezamos ca decoración do SAMAÍN. O noso pasillo estaba moi vacío e así quedou... encántanos!



 A última actividade foi rematar a ficha de MATEMÁTICAS de repaso das unidade 1 e 2. Os que aínda non a remataron teñen que facela na casa, mellor solos, e a entregades mañá. 

Os que remataron con tempo tiveron a oportunidade de desfrutar dun tempo de lectura libre.

 E mañá máis e mellor... recordade que podedes vir disfrazados pero sen ningún complemento. Ademais podedes aproveitar estos tres días para facer a cabaza e enviar a foto.

Por certo...hoxe non vai a ser pregunta, hoxe quero que enchamos o blog de problemas matemáticos. Problemas inventados por vós. Quero que nos comentarios cada un de vós deixe un problema matemático que resolveremos o próximo día na clase todos xuntos. Soamente un. Pode ser de restar, sumar, dividir ou multiplicar, incluso pode ter máis dunha operación. Dádelle á cabeciña e pensade a súa solución. Conseguiremos resolvelo todos? 

ATA MAÑA!! 


 

martes, 27 de octubre de 2020

MARTES 27 DE OUTUBRO DE 2020

 Boas tardeeeees... pásome por aquí rapidiño que a profe hoxe ten que volver ao cole pola tarde🤪

O día de hoxe foi un pouco caos, dedicámolo a correxir actividades e rematar temas.

LENGUA CASTELLANA: Corregimos el ejercicio de la acentuación. Aquí os dejo un ejemplo de como quedaron alguna de las libretas. ¡HOY ACENTUASTEIS DE MIEDO! ¡Buen trabajo a todos/as!






MATEMÁTICAS: Corregimos las actividades de las operaciones combinadas y la dimos mil vueltas al último problema. ¿Veis que los problemas nunca se solucionan a la primera? Pensar entre todos nos ayuda a ver las múltiples opciones, que unas veces son acertadas y otras no. ¡SEGUIREMOS PRACTICANDO!

Para terminar las unidades 1 y 2 hicimos una ficha de repaso de todo lo que estuvimos viendo hasta ahora. Mañana la terminaremos.

Para los que no estuvisteis en clase aquí os dejo la ficha.


CIENCIAS DA NATUREZA: As fases da lúa. Lemos o tema e facemos o mini resumo na libreta.
Así quedaron as fases da lúa.



Non recordo a pregunta de Leooooooooo☹️ (como vedes a profe tamén é sincera)
Leoooooo si me les deixa a túa pregunta nos comentarios, esa que tedes que investigar. GRAZAAAAS😆


lunes, 26 de octubre de 2020

LUNS 26 DE OUTUBRO DE 2020

Ola de novo a todos/as! Aquí o resumo de hoxe. Ollo os/as que non puideron asistir ao cole, seguide o blog e facede as tarefas para non perder o ritmo. 

MATEMÁTICAS: Terminamos la UNIDAD 2 con las OPERACIONES COMBINADAS. 
1º Leimos la parte del libro que correspondía
2º Pegamos en la libreta la jerarquía para realizar las operaciones combinadas.
3º Realizamos los ejercicios en la libreta. (los podéis encontrar la la Unidad 2 de Mates: "Ejercicios para hacer en la libreta. OPERACIONES COMBINADAS"

Los ejercicios que quedaron sin hacer van de DEBERES, mañana lo corregimos.


EJERCICIOS(pulsa en la imagen para verlo mejor):

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA: Trabajamos las reglas de acentuación con temática halloween "La ortografía se me da.....de miedo". Lo que debemos hacer es clasificar las siguientes palabras dentro de sus respectivos calderos, en agudas, llanas o esdrújulas, y además debemos acentuarlas de forma correcta. Os dejo foto de las palabras del encerado.
Quién no lo terminara que lo acabe en casa de DEBERES.
*RECUERDA: ninguna palabras lleva tilde. Debes ponérselas tú.

CIENCIAS NATURAIS: Repasamos o esquema anterior sobre as FUNCIÓNS VITAIS (moitos de vós moi ben estudiado, parabéns! seguide así), e avanzamos na FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: O APARELLO DIXESTIVO.
Mañá na clase comezaremos a facer o FLIPBOOK sobre o corpo humano.

Hoxe de DEBERES soamente tedes que ler os dous seguintes apartados do tema:
- 2.1.2 Sobre o APARATO CIRCULATORIO
- 2.1.3 Sobre o APARATO RESPIRATORIO

CIENCIAS SOCIAIS: A Terra: movementos de rotación e traslación. Limos o tema e o explicamos. Foi algo que xa coñecíades con anterioridade, polo que pegamos os debuxos e resumimos os apartados para mellorar a comprensión e o estudio. Aquí deixo algún exemplo e un vídeo. 





De DEBERES tedes que ler o seguinte e último apartado de Ciencias Sociais, no tema 1: O Universo, o capítulo de "A LÚA". Mañá faremos o resumo.

BO TRABALLO CHICOS/AS!!
E contádeme... cal é o voso personaxe favorito de Samaín?
Ata mañá!!!!!








viernes, 23 de octubre de 2020

VENRES 23 DE OUTUBRO DE 2020

 Boas tardes!! Resumo de hoxe 😉

MATEMÁTICAS: Seguimos ca resolución de problemas. As pistas dos problemas axudáronvos a comprender que sempre existen uns pasos que seguir para chegar á solución do problema. A partir de agora esas pistas deben estar nas vosas cabezas. Seguiremos avanzando na lóxica matemática. Ánimo!


LINGUA CASTELÁ E LITERATURA: Hoxe adicamos o día a adiantar contidos de lingua castelá. Déixovos aquí o GENIALLY sobre o apartado de LITERATURA que vimos hoxe. Diferencias entre prosa e verso, e o xéneros literarios.

Pulsa na imaxe e poderás acceder ao GENIALLY


Tamén repasamos como facer resumos. Resumir significa extraer as ideas máis importantes dun texto. Facer bos resumos pode axudarnos a estudar mellor, porque é unha maneira de comprender a información fundamental e poñela por escrito. Aquí vos deixo os pasos a seguir:

CIENCIAS NATURAIS: Apuntamos o que entra no exame do día 2 de novembro: todo o que vimos na unidade 1 titulada OS SERES VIVOS. Ademais seguimos co tema do SER HUMANO, hoxe adicado AS FUNCIÓNS VITAIS. Aquí deixo o esquema que tedes que ter na libreta.

Aquí va algún exemplo, ides mellorando un montón na organización dos esquemas. Canta máis limpeza e claridade mellor. Pabaréns a todos!! Seguide así.




ATA O LUNS!! Preparados para pasar unha semana terrorífica?? 





jueves, 22 de octubre de 2020

XOVES 22 DE OUTUBRO DE 2020

 LINGUA GALEGA: Hoxe na hora de lingua galega cada un de vós leu o seu poema adicado ao SAMAÍN e fixemos as votacións para seleccionar as 4 postais que máis vos gustaron. EN HORA BOA AOS SELECCIONADOS!! Aquí deixo foto das postais.






Ademais rematamos cas descricións. Cada un de vós tivo a oportunidade de lela oralmente e os vosos compañeiros adiviñar de quen se trataba. Non esquezades que debedes de organizar ven a información, non mesturar todo.

MATEMÁTICAS: Hoxe correximos oralmente os problemas de matemáticas das clases anteriores. Seguiremos traballando para comprendelos mellor.


Por certo... como se chama a composición literaria que se escribe en versos?






miércoles, 21 de octubre de 2020

MÉRCORES 21 DE OUTUBRO DE 2020

LINGUA GALEGA: Descrición de persoas. "COMO ME VEXO, COMO ME VEN". Actividade ca que practicaremos a descrición de persoas, pero ademais darémonos conta de que non sempre nos ven como nós pensamos. Cada un ten unha visión diferente de como é unha persoa. Moitas veces reforza a nosa autoestima porque os demáis ven cousas positivas en nós. Se fóra ao contrario tamén podemos velo como algo positivo, as criticas negativas moitas veces poden axudarnos a mellorar como persoas. 

HOXE DESCRIBIMOS A UN COMPAÑEIRO QUE NOS TOCOU DE MANEIRA ALEATORIA. ESFORZÁDEVOS EN FACELO BEN. Quen non o rematara que o faga na casa. Mañá leremos as descricións para ver se os compañeiros adiviñan quen é. Se o adiviñan é porque a descrición está ben feita, esfórzate! é o que buscamos.


Con motivo da chegada do SAMAÍN puxémonos mans a obra, e participamos no concurso de postais que celebra o colexio. Aproveitamos que sabemos que é un POEMA para buscar na internet ou crear un propio sobre esta temática. RECORDA!! 

OS POEMAS SON UNHA COMPOSICIÓN ESCRITA EN VERSOS. É UNHA FORMA ESPECIAL DE EXPRESARSE. AS LIÑAS SON VERSOS, NON OCUPAN TODO O RINGLÓN E ADEMAIS SOEN RIMAR. AS ESTROFAS SON UN CONXUNTO DE VERSOS.

Rematade as vosas postais e mañá faremos a votación anónima, de todo 5ºB elixiremos as 4 que máis vos gusten. SORTE!


MATEMÁTICAS: Entreguei os exames e falamos individualmente do que tedes que corrixir e reforzar. Ánimo, que podedes facelo mellor se vos fixades e vos esforzades. 

No que máis fallastes foi na resolución de problemas. Hoxe fixestes o problema 4 e 5. Mañá os correxiremos.

Para quen non os rematou xa sabe... mañá listos. 

Paradevos a pensar en todas as pistas que vos dan. Os datos, a operación e a solución.


Pasade unha boa tarde! Ata mañá...
A pregunta de hoxe é... 
como se chama o signo ortográfico que se usa para diferenciar un parágrafo doutro?



martes, 20 de octubre de 2020

MARTES 20 DE OUTUBRO DE 2020

 BOAS TARDES!!

MATEMÁTICAS: Hoxe fixemos un pequeno control de matemáticas da unidade 1 e 2. Con él quero que comprobedes que contidos tedes que repasar e mellorar. É unha forma de avaliarse a un mesmo, non vos fixedes na nota que sacades senón no que tedes que mellorar, no que fallades. Seguro que vos saíron xenial.


LINGUA GALEGA E LITERATURA: Hoxe traballamos a DESCRICIÓN DE PERSOAS. No que podemos seguir un guión para as primeiras veces non perdernos e mezclar cousas. Aquí deixo o esquema que usamos, distribuído por paragrafos.  Tédelo tamén en EDIXGAL, na unidade 2 de Lingua.

Ademais recordamos un puntos moi importantes que debemos de seguir cando teñamos que escribir:

*GUIÓN CON TIL EN GALEGO
*EN CASTELÁN A RAE ACEPTA AS DÚAS FORMAS.

CIENCIAS SOCIAIS: Traballamos as capas da terra. Pegamos o debuxo na libreta. Agora na casa tedes que ler o tema e escribir na libreta aquelo que consideredes máis importante. Déixovos aquí algúns exemplos.


Por último, non esquezades repasar o sistema solar da libreta. Para os que lle faltaban cousiñas...