miércoles, 30 de septiembre de 2020

MÉRCORES 30 DE SETEMBRO DE 2020

 


Boas tardes a todos/as!! Seguimos adaptándonos aos ordenadores, cada día descubrimos cousas novas que temos que explicar e activar, tede paciencia pouco a pouco controlaremos todas as novas ferramentas que temos este ano.

Como resumo do día de hoxe:

Tivemos unha visita especial de Eva, pediatra do centro de saúde e membro do equipo Covid do centro. Neste taller recordounos aspectos a ter en conta para estar protexidos contra o virus: lavado de mans, colocación da mascarilla e distancia social.

- LINGUA CASTELÁ E LITERATURA: "El arte de la deducción". Á hora de ler un texto é importante fixarnos nos persoaxes principais, nas súas características e onde sucede a historia. 

- MATEMÁTICAS: Comezamos a parte do tema "hasta un millón y más allá" tanto tanto que chegamos  ata un gúgol. 😉 Un novo termo que xa coñecemos grazas a búsqueda que fixemos en google. Recordas o que significaba?




martes, 29 de septiembre de 2020

Martes 29 de setembro de 2020

 Bos tardes! Refrescamos a memoria facendo un resumo do día de hoxe. 

MATEMÁTICAS: Comezamos o tema falando sobre os números naturais e falando sobre o ben que os cociñamos ;) Porque xa sabemos usalos á perfección. Se non remataches as 3 actividades podes intentalo na casa. 

 Recordamos que para acceder á Unidade 1 seguimos os seguintes pasos:

1. Entramos na materia de Matemáticas.

2. Na barra azul da esquerda pulsamos na carpeta "Temas da materia"

3. Dentro dos temas pulsamos en "Unidad 1"

4. E por último no título da unidade "Los números naturales"


LINGUA GALEGA: Comprensión lectora do texto da Unidade 1: Canto me alegro de verte!

Recordamos que para acceder á Unidade 1 seguimos os seguintes pasos:

1. Entramos na materia de Lingua galega e literatura.

2. Na barra azul da esquerda pulsamos na carpeta "Temas da materia"

3. Dentro dos temas pulsamos en "Unidade 1"

4. E por último no título da unidade "Canto me alegro de verte"

Limos o texto e fixemos as actividades de forma oral e escrita. (1 -5)


CIENCIAS SOCIAIS: Comezamos o tema do Universo. Fixemos a lectura e o reto que nos presentaba Aldara. "Investigamos persoaxes". (Iuri Gagarin, Neil Armstrong, Pedro Duque ou Valentina Tereshkova).


 

 


lunes, 21 de septiembre de 2020

REPASAMOS LAS DIVISIONES

 Descubre la imagen que se esconde en este puzle. Para eso debes contestar correctamente el resultado de estas divisiones.

Si las anteriores fueron fáciles prueba ahora con este reto... ¡Qué miedo de divisiones!

domingo, 20 de septiembre de 2020

QUE RECORDAMOS SOBRE CIENCIAS NATURAIS?

Pincha no meu avatar  e accede as actividades de Ciencias Naturais, que recordades dos cursos anteriores? Se non recordas a resposta deixaa en branco e continúa cas seguintes. Ao rematar pulsa "Terminar" e envíamo. Cando todos o teñamos rematado correxiremos xuntos. 





viernes, 18 de septiembre de 2020

RETO MATEMÁTICO

 ¿Eres capaz de resolver este reto matemático?

1. Coge tu libreta.

2. Dibuja cada una de las imágenes que verás en el reto.

3. Escribe a su lado el valor numérico que le corresponde a la imagen.

4. Resuelve la operación final.





miércoles, 16 de septiembre de 2020

BENVIDOS/AS A VOSA AULA VIRTUAL

 


Como xa falamos na aula ides a ter 3 plataformas online que imos usar habitualmente na aula ou se fora necesario usarémolas para poder seguir o día a día da aula se tivéramos que voltar ás nosas casas, que seguro que non vai a ser así. 

- EDIXGAL na que temos todos os libros de texto.

- SNAPPET ca que podemos facer actividades online.

- BLOG DA AULA co que poderei colgarvos actividades interactivas e nas que poderedes pinchar e acceder con facilidade. www.conectatecoaaula2.blogspot.com


Hoxe quero que repasedes as táboas de multiplicar dunha forma diferente, a través do xogo. Pinchade na imaxe e accederes a unha web na que vos permite aprender as táboas, repasalas ou xogar con elas. Elixe a opción que máis se axuste as túas necesidades. 

PINCHA NA IMAXE E A TRABALLAR!