martes, 21 de diciembre de 2021

 FINAL DE TRIMESTRE!!

Rematamos este primeiro trimestre con sabor un pouco agridulce. O tan pouco querido Covid volve a facer das súas e non debemos de baixar a garda.

Hoxe celebramos o noso Nadal particular intentando pasar con alegría e da mellor forma a última mañá do ano no cole. Esperemos que 2022 traia máis boas noticias que malas.

Para todos os que non viñeron ao cole, deixo aquí uns deberes un tanto especiais para estas semanas de Nadal.😉


Vémonos á volta pequenos/as. Coidádevos moito!!

FELICES FESTAS E BO NADAL!



lunes, 20 de diciembre de 2021

LUNS 20 DE DECEMBRO DE 2021

 Hoxe, atopámonos cunha triste noticia xa a primeira hora da mañá. Cancelouse o festival de Nadal por precaución, xa que nalgunhas clases déronse casos de nenos/as positivos en Covid e non queremos que vaia a máis.

Intentaremos facelo a volta de vacacións.

De todas formas aquí deixo o video dun dos ensaios para que o podades ensinar na casa. Espero que lles guste moito.


Aproveitamos para ver unha peli navideña "Solo en casa 2".

Mañá entrega de notas e fin do primeiro trimestre.

LUNS SUPERADO!!



viernes, 17 de diciembre de 2021

VENRES 17 DE DECEMBRO DE 2021

Resumo de hoxe, a piques de rematar o primeiro trimestre:

- Ensaio no salón de actos. Vai a sair xenial. Recordade que para o luns o mellor é que veñades vestidos con roupa escura, preferiblemente negra.

- Cuestionarios anónimos para o plan dixital do cole.

- Rematamos de compoñer e gravamos a canción para a cooperativa Camiño Circular, sodes uns cracks.

Non somos os mellores cantantes do mundo, pero cantar a capella ten o seu mérito jajajaja Grazas por colaborar. Terá a súa remonpensa😜


Pasade unha boa fin de semana
VENRES SUPERADO!!


miércoles, 15 de diciembre de 2021

MÉRCORES 15 DE DECEMBRO DE 2021

 Resumo de hoxe:

ENSAIO CONTO DE NADAL no salón de actos. Mañá vemos a gravación para ver que podemos mellorar, pero está moi moi ben.

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA: Creamos la historia "Cómo se conocieron Papá Noel y Rudolf". Mañana las cuelgo en el blog para que podáis leerlas.

DECORACIÓN NAVIDEÑA DEL AULA: Arte en las ventanas jajaja









Temos unha aula PRECIOSA!!

Mañá, día de cine.

MÉRCORES SUPERADO!!



martes, 14 de diciembre de 2021

MARTES 14 DE DECEMBRO DE 2021

 Resumo de hoxe:

CIENCIAS NATURAIS: Exame.

ÚLTIMAS HORAS:

Ensaio no escenario do Conto de Nadal. Recordade que o festival será o luns 20.

Rematamos e construimos o noso árbol cooperativo. Así de ben quedou no corredor.



E decoramos o noso mini árbol, con luces e todo! (Gracias Clau ♥️)


MARTES SUPERADO!!



lunes, 13 de diciembre de 2021

LUNS 13 DE DECEMBRO DE 2021

 Resumo de hoxe:

CIENCIAS SOCIAIS: Exame

CIENCIAS NATURAIS: Kahoot de repaso (deixoo aquí para que repasedes)


Para rematar a mañá practicamos o CONTO DE NADAL e comezamos a decorar a nosa aula.

P.D: Recordade as autorización para ir ao cine o xoves 16.

LUNS SUPERADO!!



viernes, 10 de diciembre de 2021

VENRES 10 DE DECEMBRO DE 2021 + GENIALLY LIÑA DO TEMPO

 Resumo de hoxe:

LINGUA GALEGA E LITERATURA: Exame

CIENCIAS SOCIAIS: Rematamos a liña do tempo e a expuxemos oralmente para o resto dos nosos compañeiros.

Ademais gracias a Aroa P. xogamos un kahoot de repaso. Gracias Aroa!!


Para que non se perda todo o traballo realizado nesta liña do tempo, durante esta tarde vou intentar pasala a un formato dixital co programa Genially. Cando a teña adxuntoa no blog.👍🏼

BO FIN DE SEMANA!! So dous examenes... ÁNIMO!


Aquí deixo o GENIALLY, foi todo o que puiden facer, espero que vos guste, pichade nos elementos que se moven. Que vos parece? Gústavos? Comentádeme.


jueves, 9 de diciembre de 2021

XOVES 9 DE DECEMBRO DE 2021

Resumo de hoxe:

- LINGUA CASTELÁ E LITERATURA: Exame.

- CIENCIAS SOCIAIS: Lectura e explicación do século XX.
Rematamos casi casi casi a liña do tempo.

Como xa vos dixen pasareina a formato dixital o venres para que poidades tela na casa e vos sirva de apoio no estudo do tema.

Mañá rematámola. Lerémola para repasar e faremos un kahoot que elaborou Aroa P. 



XOVES SUPERADO!!


viernes, 3 de diciembre de 2021

VENRES 3 DE DECEMBRO DE 2021

Mini resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: dividimos o exame en dúas horas diferentes para que o puidérades facer con calma.

CIENCIAS SOCIAIS: Rematamos o século XIX da liña do tempo dsa Historia contemporánea de España. Xoves e venres rematamos o século XX. Explicamos e completamos a liña.


ATENCIÓN!! Hoxe pola tarde fago as preguntas dos temas 3 e 4 de CIENCIAS NATURAIS e as colgo en edixgal e aquí no blog. Para que podades ir estudando nesta ponte.

ÁNIMO QUE NON QUEDA NADA!! VÉMONOS Á VOLTA!!!





jueves, 2 de diciembre de 2021

XOVES 2 DE DECEMBRO 2021

 Mini resumo de hoxe (sen ningunha foto🙈):

MATEMÁTICAS: Últimos problemas de matemáticas para resolver co m.c.m e o m.c.d.

LENGUA CASTELLANA: Últimos repasos y autoevaluación. Hecha y corregida.

LINGUA GALEGA: Últimos repasos ca autoavaliación final. Queda pendiente de rematar na casa e correxila mañá.

Apuntade dúbidas e calquer cousa preguntádeme! Ánimo!!

Para finalizar a mañá ensaios de Nadal na aula e no escenario. Está quedando moi ben!


XOVES SUPERADO!!



miércoles, 1 de diciembre de 2021

MÉRCORES 1 DE DECEMBRO DE 2021

 Xa estamos en decembro!!! Non queda nada para as vacacións de Nadal, ánimo!!

Resumo de hoxe:

Últimos repasos!!!

MATEMÁTICAS: Correximos os exercicios de mínimo común múltiplo. Aquí os deixo para os que vos olvidastes a ficha na casa, correxídeos.



Ademais comezamos co repaso dos problemas. Fixemos e correximos dous deles, máis un que vai para casa de deberes (o que ten a flecha rosa)


LINGUA CASTELÁ: Repaso dos tipos de predicado.

E do último contido "locuciones prepositivas y conjuntivas"

Fixemos estos exercicios:

Quedan estos dous para facer na casa. Mañá correximos.



LINGUA GALEGA: Repaso dos pronomes. Recordade as táboas que temos nos apuntes.

Ademais, recordamos e resumimos as normas de colocación dos pronomes en lingua galega e fixemos un exercicio para practicalo.



CIENCIAS SOCIAIS: Rematamos o día traballando a liña do tempo da historia de España. Por grupos cooperativos e centrados nunha etapa tíñades que buscar información concreta que pegaremos no mural cando volvamos á nosa aula.


MÉRCORES REMATADO!!
E modo Nadal ON