viernes, 26 de marzo de 2021

VENRES 26 DE MARZO DE 2021

 FINAL DE TRIMESTREEEEEEEE!!!

Hoxe aproveitamos a primeira hora para facer unhas dinámicas para concienciarnos do importante que é manter unha boa relación cos teus compañeiros, ser valientes e traballar en equipo. Espero que foran do voso proveito e vos fixeran reflexionar.

Despois aproveitamos e desconectamos ao aire libre, facendo unha pequena camiñata e merendando na preciosa carballeira, que ben senta un pouco de aire fresco.





Entrega de notas e a descansar!!! 

Vémonos o martes de 6 de abril, recargade pilas que ven o último trimestre e tedes que dar toooooodo de vós!!! UN BIQUIÑO ENORME PARA TODAS/OS!!



jueves, 25 de marzo de 2021

XOVES 25 DE MARZO DE 2021


As veces existen momentos na nosa vida onde nos temos que parar a pensar, frear o ritmo acelerado que levamos día tras días e reflexionar sobre o que ocorre ao noso redor. Hoxe foi un día desos, no que aproveitamos a primeira hora do día para falar e analizar diferentes actos e comportamentos que acabamos normalizando e non nos decatamos do perigo que poden ter ou as consecuencias que se poden desencadear. 

Agora que casi levamos un curso xuntos podo dicir que a clase de 5º B está formada por nenas e nenos incribles, pero sempre hai pequenas cousas que pulir ou aprender. Dos erros sempre se aprende algo, non vos olvidedes desto, pero que servan sempre para mellorar e non caer no mesmo error. Espero que o de hoxe servira para algo, estou orgullosa de todos vós (aínda que as veces teña que poñerme seria 😉😉😉😉😉😉😉😉😉)

Dito esto... comentar tamén que sobre as 11.15 tivemos a oportunidade de conectarnos con Antía Yañez, autora do libro "Plan de rescate" grazas ao Faro da escola.


Foto: Lucía facendo unha pregunta a autora do libro.

Escoitamos atentamente á escritora que nos contaba que quería que os nenos e as nenas con diversidade funcional foran protagonistas dun libro de aventuras, xa que non é o común. E recordounos que a igualdade non e o mesmo que a equidade.


Deixovos hoxe por aquí o voso libro de receitas.

Mañá último día de clase do trimestre e entrega de notas. Nas miñas materias non é necesario que traiades as cousas. ATA MAÑÁ!

P.D: Traede roupa cómoda e unha gorra por se facemos actividades fóra, para poder estar ao sol.




miércoles, 24 de marzo de 2021

MÉRCORES 24 DE MARZO DE 2021

 Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Seguimos practicando a conversión de unidades de tempo.

LENGUA CASTELLANA: Seguimos trabajando con LAS NOTICIAS. Después de analizar dos noticias diferentes llega la hora de que os pongáis en la piel de los periodistas. Vamos a crear nuestro periódico disparatado. Como deberes para semana santa quedamos en que dejo en la Unidad 8 esta foto con 6 titulares locos. Tenéis que elegir uno y crear vuestra propia noticia, en la libreta como borrador. A la vuelta corregiremos y pasaremos a limpio. Recordad que una buena noticia debe contestar a las preguntas que estuvimos viendo estos días.


LINGUA GALEGA: Os parentescos. Aquí algunhas das árbores xenealóxicas.


Para rematar o día tivestes clase de MÚSICA e INGLÉS. Mañá falamos de dúas cousas que pasaron. Reflexionade!





martes, 23 de marzo de 2021

MARTES 23 DE MARZO DE 2021

 Hoxe tivemos unha visita especial 



Dous coelliños dunha nena de primeiro que puidemos ver.

MATEMÁTICAS: Conversión de unidades. Queda de deberes o de minutos a segundos e segundos a minutos. 






LINGUA GALEGA: Falamos do libro “Plan de rescate”. O xoves teremos un videoconferencia ca súa autora. A cantos de vos os entraron ganas de lelo? Pronto poderedes.

Falamos sobre a diversidade funcional, os prexuizos e a autosuperación. Temas principais do conto. 
Moito temos que aprender dos seus persoaxes. Espero que moitos de vós os animedes a lelo.


CIENCIAS SOCIAIS: Comezamos o tema de HISTORIA.




ISTO FOI TODO POR HOXE. ATA MAÑÁ!




lunes, 22 de marzo de 2021

LUNS 22 DE MARZO DE 2021

Boas tardes, resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Seguimos co tema das UNIDADES DE TEMPO, como pasar de unhas a outras.


De deberes solamente facer o exercicio 3 de edixgal da Unidade 7

LENGUA CASTELLANA: Primera parte de la clase comprensión lectora y segunda parte analizamos LA NOTICA, sus partes y que información debe contener. Para ello analizamos esta noticia. El próximo día lo comentamos en grupo.




Neste enlace tedes a noticia nun formato no que se lee mellor.

 Noticia para leer

Tedes que responder a....


Para rematar o día comezamos ca nosa decoración de PASCUA para a aula... que será? Sorpresa.






ATA MAÑÁ!!


 

jueves, 18 de marzo de 2021

XOVES 17 DE MARZO DE 2021

 Resumo de hoxe:

Primeira hora EXAME DE CIENCIAS DA NATUREZA e avaliación dos lapbooks.

Segunda hora : Entrega das notas de LINGUA CASTELÁ e CIENCIAS SOCIAIS.

Ademais vimos os parentescos en LINGUA GALEGA.

Para esta ponte o que tedes que facer é unha ÁRBORE XENEALÓXICA. Como xa falamos cada familia é diferente, única e xenial, polo que, o  formato para elaboralo é libre, podedes facelo como máis vos guste, deixade paso á vosa creatividade. Tampouco fai falta facelo enorme, desde os avós/avoas é suficiente. 

Unha vez rematada a árbore, o seguinte que tedes que facer é elaborar 10 oracións nas que usedes o VOCABULARIO DOS PARENTESCOS que vimos hoxe. Podedes axudarvos co exercicio que fixemos hoxe da Unidade 8, no apartado de Lectura.

E para finalizar como todos os xoves.... DÍGOCHO EU! A ver se aprendemos algo novo 😉


Forma unha oración nos comentarios ca palabra correcta.

VÉMONOS LUNS!! Pasade unha boa fin de semana. Biquiños


martes, 16 de marzo de 2021

MÉRCORES 18 DE MARZO DE 2021

 Resumo de hoxe:

EXAME DE CIENCIAS SOCIAIS

MATEMÁTICAS: Comezamos novo tema. 




Para finalizar a mañá tivemos tempo para preparar uns detalliños para o venres. Sorpresa!!

Mañá último exame do trimestre comigo, estudiade moito. ÁNIMO!!




MARTES 16 DE MARZO DE 2021

Boas tardes!! Resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Correximos e razoamos oralmente os problemas do día anterior. Ao rematar fixemos un repaso con xogos matemáticos.

XOGOS MATEMÁTICOS:

 https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-relacion-unidades-longitud

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-expresar-longitudes

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-pesos-capacidades

LINGUA GALEGA E LITERATURA: Comprensión lectora, lectura e preguntas para reflexionar sobre o lido.

CIENCIAS SOCIAIS: Repasamos con Kahoot para o exame de mañá. Último esforzo, é moi pouquiño o que tedes que estudiar. Vamos a polo 10!! 

ATA MAÑÁ!




lunes, 15 de marzo de 2021

LUNS 15 DE MARZO DE 2021

 Última semana de exámenes. ÁNIMO!

Aquí vai o mini resumo de hoxe:

MATEMÁTICAS: Gymkana de RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Deixo aquí foto dos problemas para que poidades rematar na casa os que non vos deu tempo.


A terceira hora fixemos o EXAME DE LINGUA CASTELÁ.

Por  último en CIENCIAS NATURAIS. Lemos o glosario para coñecer algunhas palabras e entregueivos un esquema de todo o tema que vos pode axudar a estudiar. 

ATA MAÑÁ!


 

viernes, 12 de marzo de 2021

VENRES 12 DE MARZO DE 2021

 Resumo de hoxe:

Aproveitamos o día para facer repaso de Lingua Castelá, xa que temos exame o luns.

O último que vimos hoxe foi o uso da R e a RR.

Repasade os apuntes da libreta e facede os exercicios de SNAPPET que deixo activados e que xa empezastes a facer na clase.


Exames de LINGUA GALEGA entregados cas notas.

Para finalizar o día rematamos con CIENCIAS NATURAIS. Terminamos o lapbook. Para os que todavía non o remataron que o leven para a casa e o luns ten que vir rematado.

Aquí deixo fotos do que escribimos hoxe e fotos dalgún rematado.

PREGUNTA PARA INVESTIGAR: Tedes que buscar algún animal que se reproduza de maneira asexual, é dicir, só intervén na reprodución un individuo.

Bo traballo chicas/os!










Venres de receita saudable:

Pasade un bo fin de semana. ATA LUNS!!